CRTVG

Buscar

Eva Solla (EU): "Na ruptura de En Marea non vexo un problema de ambición de poder"

Publicado o 20/03/2019 11:19

No Bos días Marcos Sueiro conversa con Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida, cando falta un mes e unha semana para as eleccións xerais.

"Estamos preparadas para comezar a campaña porque xa levabamos algunhas semanas preparando as municipais".

"Na ruptura de En Marea non vexo un problema de ambición de poder"

"Non é unha sorpresa. Xa comentaramos en algunha ocasión que as organizacións políticas estabamos excluídas dese partido instrumental de En Marea, que no seu momento creamos como unha ferramenta para as autonómicas. Fixemos un traballo importante nun intento de participar no proceso interno e excluíusenos e, polo tanto, nós continuamos adiante con independencia do que faga o partido de En Marea".

"Pecamos de pensar que todo o mundo ía comprender a necesidade da pluralidade do espazo. E non foi así.(...) Pouco a pouco esa estrutura foi absorbida por persoas que crían na construción dun partido independente".

"Chamounos Antón Sánchez para avisarnos DE que non ían concorrer ás eleccións xerais"

"Teñen tamén un debate interno, que xa anunciaron que van dar nos seguintes meses, e absoluto respecto por esa decisión."

"Nós asinamos un acordo diferenciado para concorrer ao Congreso, con independencia de que os actores se repitan. O acordo de Galicia se asinou de maneira específica".

"Situar a Yolanda Díaz por Pontevedra foi para recoñecer o seu traballo no Congreso a prol dos intereses de Galicia e para garantir a continuidade do seu traballo. Non é unha defensa individual de cada persoa, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, senón do seu traballo. Estamos contentas coa defensa que se fixo dos sectores productivos do país, do debate que houbo".

No Parlamento Galego intentamos levar o mellor posible as diferenzas que mantemos no campo político.


"Se Maduro tén que marcharse téno que decidir as venezolanas e venezolanos"
Xa o fixeron, houbo un proceso de eleccións presidenciais. En Venezuela van máis de 22 eleccións e eu creo que hai que respetar os procesos democráticos."

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019