CRTVG

Buscar

Carmen Pomar aposta por unha proba de acceso á universidade do mesmo nivel en todas as comunidades

Publicado o 06/09/2019 11:03

Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, falou no Bos días do inicio do curso.

A conselleira dixo: "O curso de primaria empeza o día 11 e coidamos que estea todo preparado para que poidan achegarse ás aulas e reencontrarse cos seus compañeiros e compañeiras e os profesores".

Ao respecto das obras que se realizaron nalgúns centros, dixo: "O verán é un tempo para facer obras nos centros educativos porque non hai actividade lectiva".

E engadiu: "Neste momento estamos a acometer, aproximadamente, 50 obras de carácter maior, cun pouquiño máis de complexidade. A maior parte delas teñen que ver coa eficiencia enerxética dos centros".

Carmen Pomar afirmou que unha parte "xa estaba contemplado no Plan de infraestruturas da Consellería" e que outra se puido acometer "por por un adianto de Tesourería aprobado pola Consellería de Facenda no Consello de Goberno".

Dixo sobre o financiamento que falta por chegar do Goberno Central que estaban "afectados e preocupados con esa incerteza de non saber o que vai pasar con eses cartos".

No tocante ás probas de acceso á universidade, dixo que a intención era "acurtar as diferenzas que poidan existir entre as comunidades autónomas con respecto ás probas de acceso á universidade". Engadiu que o camiño estaba en optar por "unha proba equitativa, do mesmo nivel de dificultade en todas as comunidades".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019