CRTVG

Buscar

Bartolomé Vargas: "As normas de seguridade viaria protexen o máis importante, a vida e a integridade física de todos"

Publicado o 22/11/2019 11:41

En 2018 ditáronse mais de 89.000 condenas por delitos viarios de perigo, 7.000 máis ca un ano antes. Bartolomé Vargas, fiscal de sala coordinador de Seguridade Viaria, dixo no Bos días que a lei penal aplícase proporcionada e diaria no que respecta a delitos de tráfico, axudando a conformar a idea que que as normas de seguridade viaria non son de segunda categoría. Di Vargas que protexen o máis importante: a vida e a integridade física de todos.

Desde a súa experiencia, o fiscal Bartolomé Vargas considera que o Código Penal tipifica adecuadamente adecuadamente este tipo de delitos.

Bartolomé Vargas considera que as vítimas deste tipo de delitos son as grandes esquecidas, pola devaluacion das normas de seguridade viaria. Neste campo queda moito por facer, asegura Vargas, que considera necesario reforzar a súa atención nos xulgados.

O fiscal Vargas asegura que hai multirreincidentes, na súa maioría alcólicos e drogadictos, pero que en xeral a reinserción funciona adecuadamente. Existe, di Vargas, nestes casos un seguimento maior e un incremento gradual da resposta penal en cada caso concreto. Hai máis de mil reincidentes no noso país.

Considera tamén necesario que os aspirantes a novos condutores coñezan o sufrimentos das vítimas a través do testemuño directo e sería unha medida excelente que se incluíse nas probas para facerse co permiso de conducir.

Sobre o tráfico nas cidades, Vargas afirma que cando hai un bo plan de mobilidade urbana os accidentes redúcense considerablemente, e pon á cidade de Pontevedra como exemplo de boa xestión neste caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019