CRTVG

Buscar

Manuel Bouza: "Quen ten que tomar medidas e xa é o Goberno central e Endesa"

Publicado o 16/09/2019 10:34

Manuel Bouza, presidente da Asociación de Transportistas do Carbón, explica o motivo da concentración de camións diante da Delegación do Goberno da Coruña, unha acción máis despois de levar unha semana pechados en diferentes concellos da comarca afectada pola parada da térmica das Pontes.

"Os camioneiros están portándose ben e vanse seguir portando, pero cada vez máis van aumentando as presións. Hoxe non vai ser igual que o día que andamos por Galicia, témolo moi claro. Non queremos que isto lle explote no nariz a ninguén, pero é moi posible que explote, e na próxima marcha non esperamos que vaian cen camións, esperamos que vaian mil".
 
"Pedimos solucións porque as ten, porque levamos cinco meses parados, porque isto depende todo do goberno central e non hai máis que coller e mirar como hai que facer". (...) Quen ten que tomar medidas é xa o Goberno central e Endesa".

"Nós hai cinco meses en Madrid propuxémoslle que lle sacaran o céntimo verde, porque hai que sacarllo. Non ten sentido que llo metan ao carbón e llo saquen ao gas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019