CRTVG

Buscar

O astrofísico galego Juan Calderón explica a importancia da detección do primeiro buraco negro de masa intermedia

Publicado o 07/09/2020 10:02

Nestes tempos de pandemia estamos na man de investigadores para dar coa cura. A ciencia apura e non deixa marxe ao descanso. Pero non só no eido sanitario; tamén nos últimos días houbo un descubrimento relevante en materia de astrofísica que axudará a entender mellor o universo e, en definitiva, o que somos. Nese descubrimento, participou un físico galego, Juan Calderón. Falamos con el no Bos días.

Na procura do elo perdido

Como explica Calderón, existen rexistros de dous tipos de buracos negros segundo a súa masa: uns de menor masa (entre tres e 80 veces a masa do Sol) e os supermasivos (que ocupan o centro das galaxias). A grande incógnita está no intermedio, en como se transita dunha poboación a outra. Non existían rexistros de buracos negros de masa intermedia, ou non ata o de agora.

Calderón tivo unha participación importante neste gran fito. "Toda a parte de interpretación da fonte, onde se describe o que é, tocoume a min", sinala Calderón.

Respostas que traen preguntas

O equipo en que participa Calderón logrou detectar un buraco de 143 veces a masa do Sol, un achado trascendental para comprender os misterios dos bruacos negros. "Axúdanos a entender como se forman estes buracos supermasivos", que poden conformarse a base de colisións, "como bonecas rusas", explica o astrofísico.

Pero este descubrimento tamén "vai abrir moitas preguntas", engade.

 

Noticias web

07/09/2020