Antón Sánchez: "Hai que abrir o diálogo a toda a esquerda do PSOE"
Publicado o 16/12/2019 10:54
O recentemente reelixido voceiro nacional de Anova avoga por unha alianza electoral de cara aos vindeiros comicios galegos. Antón Sánchez está disposto a dialogar con todos os partidos "á esquerda do PSOE". Sánchez asegura que "non están arrepentidos, senón satisfeitos" das fórmulas coas que concorreron no pasado e que "resultaron exitosas".
Pero antes das eleccións autonómicas, Anova proponse aglutinar xente vencellada ás mareas municipalistas e aos colectivos sociais, que agora mesmo, "están orfas dunha alternativa política", asegurou nunha entrevista na TVG.
O portavoz de Anova pretende recuperar o espírito co que se fundou este partido nacionalista, apostan pola soberanía e que os galegos decidan sobre todo o que lles afecta.