CRTVG

Buscar

Ana Pontón (BNG): "Imos usar a confianza que nos deron para defender os intereses dos galegos"

Publicado o 11/11/2019 13:38

Fran López Iglesias conversa con Ana Pontón, voceira do BNG, sobre os resultados electorais que lle outorgan ao BNG un escano.

O BNG volve ao Congreso tras anos fóra. A formación liderada por Ana Pontón obtén un escano pola provincia da Coruña, o de Néstor Rego.

"Nós marcarámonos para estas eleccións un obxectivo, que era que Galicia volvese ter voz, conseguímolo e, ademais, sendo o muro de contención contra esa extrema dereita".

"O feito de que o BNG volva a Madrid é un motivo de esperanza para moitos galegos e galegas que botaron de menos que Galicia tivese unha voz propia, e imos usar a confianza que nos deron para defender os seus intereses, para que haxa solucións aos problemas que temos nestes momentos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019