CRTVG

Buscar

Jorge Aboal: "A semana que vén, os galegos poderán facer propostas sobre a mellora da sanidade a través da web"

Publicado o 11/01/2019 11:53

 

 

 

Marcos Sueiro entrevista no Bos días a Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia.

Mellorar a Atención Primaria

"A Atención Primaria en Galicia é un dos servizos mellor valorados polos usuarios, así o reflicte o último barómetro sanitario, cunha nota moi alta, incluso superior á media do Sistema Nacional de Saúde. É un modelo de éxito, que funcionou moi ben ao longo de moitos anos. Pero debido ás características demográficas de galicia debe evolucionar á nova realidade, a dunha poboación envellecida. Estamos traballando con todos os profesinais para identificar o novo modelo de atención primaria. Un modelo que dea respostas ás novas necesidades dos galegos".
Novo modelo sanitario

"Os grupos de traballo están funcionando por categorías e os profesionais están facendo propostas de mellora ante sistemas que lles formulamos. Nunha segunda fase, estás propostas traballaranse a modo de equipo multidisciplinar, que é como se traballa na Atención Primaria".
"En Galicia, case o 25% ten máis de 65 anos. É unha poboación moi lonxeva e xorden os problemas crónicos e entón ten máis demandas nos servizos sanitarios, especialmente da Atención Primaria. Polo tanto, hai que adaptar o modelo a cronicidade e dar resposta ás necesidades sociodemográficas".
Falta de especialistas

"Hai falta de certos especialistas, pero é un problema a nivel do Sistema Nacional de Saúde. En pediatras para atención primaria hai paro cero e especialistas en medicina familiar e comunitaria non hai ninguén nas listas de contratación. Para facer substitucións, só había dous médicos na provincia da Coruña., polo que neste momento é imposible facer substitucións".
Hai un grupo de xefes de servizos en Vigo que dimitiron. Creo que queren mellorar o sistema. Nós desde a Administración estamos, desde o primeiro momento, abertos ao diálogo. Parécenos importante que nos cheguen as súas propostas de mellora, mesmo se queren poden participar nos grupos de traballo que son abertos, transparentes e flexibles".
Novos contratos con estabilidade

"A Dirección Xeral explícalles este contrato [anunciado onte por Feijóo] aos sindicatos. É un contrato para poder conseguir médicos, pediatras e de familia, en situación de estabilidade laboral. É un contrato que se propón ata 3 anos de estabilidade. Pensamos que pode ser unha forma de atraer médicos doutras comunidades".
"Este mesmo xoves, o conselleiro vaise reunir cos xefes de servizo que dimitiron. A consellería está aberta ao diálogo e a recibir as propostas de mellora".
Atrasos na atención en urxencias

"Nestes períodos invernais, nas urxencias os picos por mor da gripe e dos doentes crónicos. Pode haber en momentos certa ralentización. Creo que nunca chegamos ao colapso porque hai medios para absorber toda a demanda. Nós temos sistema de triaxe e temos obxectivos para que a triaxe se produza entre os primeiros 5 e 10 minutos de chegada a urxencias. Alí fan a clasificación da gravidada da doenza. Despois, as persoas que realmente teñen unha urxencia severa, estas persoas non esperan, os que pueden esperar son os que esperan".
Mobilizacións sociais

"A sanidade é o tema que máis preocupa á sociedade. Todos somos usuarios do sistema sanitario. Eu entendo esta preocuoación social. Sempre, mesmo nos períodos de crise, se mantivo o orzamento da Xunta destinado a sanidade, neste momento é máis do 40% do presuposto total da Xunta. Este ano temos o maior presuposto de toda a historia dedicado a sanidade: hai máis médicos, máis enfermeiras, máis dotación, é absolutamente punteira, está todo actualizado... Estamos continuamente contruíndo, actualizando, reformando os hospitais e tamén a Atención Primaria; nos últimos anos contruíronse 36 centros de saúde novos".
Achega de propostas da sociedade
"A semana que vén teremos nas web, en todos os portais de saúde, unha enquisa para que todos os cidadáns fagan as súas propostas de mellora. O obxectivo é lograr un novo modelo para os próximos 25 anos e queremos pechar este proceso a mediados de febreiro".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019