CRTVG

Buscar

Enrique Santiago, secretario xeral do PCE: "Esperamos que se garanta a xustiza para as vítimas do franquismo"

Publicado o 14/09/2018 10:59

No tempo da entrevista falamos do futuro da esquerda e do papel do Partido Comunista de España neste século XXI con Enrique Santiago, secretario do PCE.

"O papel do Partido Comunista de España é garantir os dereitos constitucionais e humanos de todas as españolas e de todos os españois nun intre en que os recortes de dereitos son unha constante a pesar de que o texto constitucional é moi claro e recoñece por igual dereitos civís, políticos, económicos e sociais".

Onte o Congreso validou o decreto de exhumación dos restos de Francisco Franco. 
"O que esperamos é que sexa o intre no que se garanta o dereito á verdade, a xustiza e a reparación para todas as vítimas do franquismo".

"Para nós o socialismo é a aplicación estricta da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e non contarnos que hai uns dereitos que merecen máis protección que outros".

"Que xurda Podemos, En Marea, que xurda En Común en Cataluña, é unha grandísima noticia para a esquerda deste país. Iso permítenos crear alianzas cada vez máis amplas, ter máis forza".

"Non estamos en competencia con outras forzas da esquerda, o noso traballo é aunar esas forzas de esquerda e conseguir que a pluralidade e diversidade se convirta en eficacia política".

"Temos unha relación normalizada co Partido Socialista. Cando temos problemas co Partido Socialista é cando abraza políticas neoliberais".

"O Partido Socialista ten unha política estrutural electoral. Está utilizando dende o primeiro momento ao goberno. O asunto son os resultados concretos do partido socialista, que di un día unha cousa e outro día outra".

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018