Benito Bouzada: "As persoas maiores deben facer cursos de reciclaxe para conducir"
"Os accidentes de tráfico son por saídas de vía, por distraccións, non se pode usar o teléfono móbil circulando no coche".
"A sociedade non ten a mesma alarma social dos accidentes de tráfico, por exemplo cos da violencia de xénero, hai moito drama e moitas vítimas detrás dos accidentes mortais".
"Os sistemas de navegación intelixente deberían estar en tódolos coches, mellorando a seguridade nas estradas".
"A maior velocidade, maior risco, por iso nos parece ben que a velocidade se reducise. Cando se baixou a 110 quilómetros por hora non baixaron os accidentes, temos que ser conscientes da que podemos ir".
"As persoas maiores deberían facer un curso de reciclaxe e avogamos tamén por un novo permiso de conducir, hai moitas modificacións introducidas na Lei de seguridade viaria que non se coñecen".
"Cinco segundos vendo o móbil son 32 metros sen estar atentos á circulación, eu persoalmente prohibiría o uso do mans libres porque provoca distraccións".
"É fundamental que conciencemos a xuventude -como fan moitos policías locais- para evitar accidentes".