CRTVG

Buscar

Enfermería publica unha guía para unha volta segura ás aulas

Publicado o 27/05/2020 10:32

O risco de rebrotes de coronavirus vai condicionar o curso que vén. En previsión, o Colexio de Enfermería de Ourense lanza unha guía con consellos para unha volta segura ás aulas. É unha guía que, amais dos rapaces, implica toda a comunidade educativa. Unha guía que dea tranquilidade a todos, á cumunidade educativa, aos nenos e "tamén aos pais, para que saiban que deixan os fillos nun entorno seguro", explica a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez.

Para os máis pequenos pequenos, explica Ascensión Pérez, que o van a enforcar "como un xogo, especialmente o feito de lavar as mans para facer desaparcer os 'bichiños', como eles lles chaman, e pensamos que os pequenos son os que mellor van aceptar as normas; mellor que os maiores e xente nova, que, como xa estamos vendo, cólleno como se fose algo surrealista".

No colexio tamén se recomendan as máscaras. Unhas máscaras que non teñen que ser bonitas como parece que se buscan no mercado, porque iso tamén leva a que os nenos queiran xogar con elas e intercambialas. Di Asunción Pérez que hai que explicarlles aos nenos os perigos e ensinarlles a gardalas, tamén.

Nos colexios recpomendan que gardar distancias en todos os espazos, nas aulas, nos corredores, nos comedores, no transporte... Amais, engade a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense que "os pequenos precisan máis atención". "Queremos facer charlas informativas en que tamén participen os pais, para explicarlles as catro cousas básicas". E considera básico Asunción que cada persoa asuma a súa responsabilidade para non contaxiar a outros e así non se contaxiará a si mesmo".

Unha das medidas que se deben tomar nas comunidades educativas, amais da máscara e das distnacias, é que non se debe entrar cos mesmos zapatos, e como se deben gardar eses zapatos, explica Asunción Perez, e engade "cada neno deberá ter outros alí e gardar nunha bolsa os que leva ou haberá un lugar para desinfectar eses zapatos".

"Esta crise deixou patente que a enfermería ten que estar nos colexios, polos pequenos, pola comunidade educativa e polos país", conclúe Asunción Pérez.

Noticias web

27/05/2020