Entrepinares amplía a queixería de Vilalba cunha torre de secado de soro
Publicado o 23/05/2019 13:15
O grupo Entrepinares chegou a Galicia hai dez anos na procura de leite de calidade para fabricar dous tipos de queixo: o de untar e o Havarti, unha elaboración danesa en barra. Ambos os dous véndese en exclusiva para Mercadona cunha gran demanda. Tanta, que están ampliando a planta para dobrar a produción.
O soro sobrante da elaboración dos queixos ponse en valor na nova torre de secado anexa á queixería. Evapórano para quitarlle a humidade e concéntrano nun po rico en proteína que venden a outras empresas alimentarias.
150 ganderías galegas abastecen a fábrica, que emprega 140 traballadores e xa reservou máis solo industrial en Vilalba para proxectos futuros.