CRTVG

Buscar

Entrégase voluntariamente o presunto autor do acoitelamento de Betanzos

Publicado o 11/01/2019 08:40

Novidades sobre o crime de Betanzos: entregouse o presunto autor do apuñalamento. Estaba a ser buscado dende o día dos feitos, o 30 de decembro. Segundo testemuñas do crime, o home, veciño da vila e de nacionalidade colombiana, fuxira nun taxi tras o enfrontamento coa vítima. Dende entón estaba en paradoiro descoñecido.

Máximo Feliz, o asasinado, era un mariñeiro dominicano, de 44 anos, con familia en Betanzos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019