CRTVG

Buscar

Entrégase o home que secuestrou e agrediu a súa ex-parella en Xirona

Publicado o 01/08/2019 10:00
Entrégase o home que secuestrou e agrediu a súa ex-parella en Xirona
O home que a pasada fin de semana secuestrou e agrediu a súa ex-parella no macizo xerundense de Lles Gavarres entregouse onte á noite na comisaria dos Mossos d'Esquadra de Xirona, onde quedou detido.
A muller foi secuestrada por este home o pasado domingo, día 28, e trasladada a unha zona boscosa do macizo. Alí, o seu agresor atouna, retívoa durante horas e agrediuna cun obxecto punzante, aínda que, nun momento en que o secuestrador se ausentou, logrou desatarse e fuxir do lugar a pé. A vítima chegou camiñando ata a localidade de Quart, onde foi auxiliada por uns veciños e trasladada despois ao Hospital Trueta de Xirona.
Tras presentarse denuncia por estes feitos, os Mossos estaban a buscar ao agresor para proceder á súa detención.