Entrégase en Anveres o sospeitoso do atentado nos Campos Elíseos
Publicado o 21/04/2017 10:03
O voceiro do Miniterior citado pola emisora France Info indicou que ese individuo fora sinalado polos servizos segredos belgas a Francia despois do ataque

O home en busca e captura en relación co atentado de anoite en París presentouse nunha comisaría de Amberes, en Bélxica, segundo acaba de informar o ministro do Interior francés.
O voceiro do Miniterior citado pola emisora France Info indicou que ese individuo fora sinalado polos servizos segredos belgas a Francia despois do ataque na avenida dos Campos Elíseos, en que un policía foi asasinado outros dous axentes quedaron feridos antes de que o autor dos disparos fose abatido polas forzas de seguridade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí