CRTVG

Buscar

Entréganse os Premios Galicia de Innovación e Deseño

Publicado o 26/02/2021 15:28

Entregáronse este venres os premios Galicia de Innovación e Deseño, que convoca a Xunta de Galicia. Houbo seis galardoados: o profesor Francisco Guitián, as empresas Cupa, Marine Instruments, Cenlitrosmetrocadrado, Televés e a deseñadora Eva Yarza, que participou no acto por videoconferencia dende Londres.

O obxectivo destes premios é destacar a importancia do deseño e da innovación no tecido produtivo de Galicia.  Especialmente no contexto actual de crise, que está obrigando a moitas empresas a reinventarse. 

Noticias web

26/02/2021