CRTVG

Buscar

Prémianse no 'Lingua de namorar' as mellores mensaxes de amor en galego

Publicado o 14/02/2018 21:34

Hoxe celébrase o Día dos Namorados e cadaquén o celebra á súa maneira, pero hai un clásico que non pasa de moda: os poemas. Se ben xa quedan poucos que escriban cartas de amor con papel e bolígrafo, as mensaxes a traves das redes manteñen o mesmo espírito. Esta tarde, en Vigo, entregáronse os premios aos mellores textos do concurso Lingua de namorar.

Née Barros Fernández é unha das gañadoras deste certame "lingua de namorar" co seu poema "muiñeira". Máis de 700 participantes puxeron os seus sentimentos en apenas 350 caracteres. Novas tecnoloxías, en galego, para emocións atemporais.

O certame busca que os máis novos empreguen o galego para expresar as súas emocións e sentimentos tamén a través das redes sociais. Os premios entregáronse no Museo do Mar de Vigo, onde estes días se expón o 'Pergamiño Vindel' coas cantigas de Martín Códax.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018