CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Entréganse en Santiago os Premios Proxecta de Inovación Educativa

Publicado o 29/09/2017 15:29








Vinte centros de ensino recibiron hoxe os premios á innovación educativa que entrega a Consellería de Educación. Dous colexios de Monfero e de Vilagarcía gañaron este certame con dous proxectos educativos para coñecer mellor o medio rural e os ecosistemas mariños.

As aulas ábrense ao exterior e lévanse as praias. As lecccións de sempre explícanse doutra maneira. Todo para coñecer mellor o medio mariño.



Este proxecto educativo do colexio de Rubians de Vilagarcía foi un dos gañadores do premios de Innovación educativa que convoca a Consellería de Educación.


Outro dos traballos premiados foi o deste colexio de Monfero. O coñecemento do medio rural e do entorno mais próximo combinouse co emprego das novas tecnoloxías.



Mais de 91 mil alumnos participaron nos proxectos de innovación educativa no ultimo curso escolar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí