CRTVG

Buscar

Entregan os premios Agader ao Desenvolvemento Rural

Publicado o 21/06/2019 16:35

Os galardoados cos Premios Agader recolleron os seus recoñecementos nunha cerimonia que se celebrou esta mañá en Boqueixón. Os oito proxectos premiados destacan pola súa importante achega ao desenvolvemento o rural.

O acto de entrega dos Premios Agader reuniu os representantes das oito iniciativas galardoadas pola súa especial contribución ao desenvolvemento rural.

O presidente da Xunta entregou o premios a Corazón de Orballo -granxa escola musical-, á Fundación Eduardo Pondal, ao Xeoparque Courel, a SAT A Pementeira, a Gráficas Salnés, a Polyesteres Bidasoa -pola incorporación de mulleres do rural á industria-, a Amarelante -pola loita contra o abandono e a prol da mobilidade de terras agrarias- e ao programa de apoio integral familiar da Asociación Carabelo. Todos celebraron este recoñecemento.

O presidente da Xunta felicitou os premiados e salientou a importancia do rural no desenvolvemento do país.

Cada unha das iniciativas premiadas recibirá 10.000 euros que deberá reinvestir no proxecto galardoado.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019