CRTVG

Buscar

Entregan os galardóns Exceleite aos gandeiros comprometidos coa calidade do leite que producen

Publicado o 12/12/2020 20:38

Xa coñecemos os gañadores dos Premios Exceleite. Este mediodía entregáronse os galardóns cos que se recoñece a excelencia da calidade hixienicosanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.

É a terceira edición duns premios que recoñecen os gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen as súas explotacións. Son tres categorías en función do tamaño e outras tres subcategorías segundo o sistema de produción. Houbo, ademais, premios específicos para as mellores explotacións ecolóxicas.

Noticias web

12/12/2020