CRTVG

Buscar

Entregan máis de 26.000 sinaturas contra a mina de Touro

Publicado o 11/07/2018 15:02

A plataforma veciñal en contra da mina de Touro acaba de entregar máis de 26.000 sinaturas contra este proxecto. No documento pídenlle á Administración autonómica que diga non a esta explotación mineira a ceo aberto no concello coruñés do Pino. O proxecto está nestes momentos pendente da declaración de impacto ambiental. A empresa promotora di que recibiu máis alegacións de apoio ao proxecto ca na súa contra. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018