CRTVG

Buscar

Entregan flores en Barcelona en apoio os corpos policiais

Publicado o 28/10/2019 07:46

Unhas trescentas persoas concentráronse diante da Xefatura Superior de Policía de Barcelona, na Vía Laietana, para apoiar os axentes desa comisaría. Obsequiáronos con flores, bombóns e varias bandeiras españolas. Este grupo, que participaba na marcha convocada pola Sociedade Civil Catalá, desviou o seu camiño para saudar os funcionarios que custodiaban o edificio e aplaudirlles. Os policías devolvéronlles o saúdo e aceptaron os detalles.

 

Noticias web

28/10/2019