CRTVG

Buscar

Os títulos de Excelencia Galega premian a Dolores Redondo, Xabier Fortes e Laura González-Molero

Publicado o 13/07/2019 08:53
Os títulos de Excelencia Galega premian a Dolores Redondo, Xabier Fortes e Laura González-Molero

A Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña entregou esta noite pasada os títulos de Excelencia Galega 2019. Foi nunha cerimonia en Barcelona á que asistiu unha boa representación da sociedade galega presente na cidade condal. Estivo tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo destacaou a capacidade de Galicia para integrar, sumar e engadir cun patriotismo que non mingua cando se reparte, senon que se multiplica. Sen ese se afán pola síntese que alberga todo galego non sería fácil entender aos galardoados. Eses galardoados son o exemplo de integración que, segundo Feijóo, debe guiar o vindiero Xacobeo. O presidente da Xunta está convencido de que no 2021 Galicia volverá ser o centro do mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019