CRTVG

Buscar

Entrega dos Premios RSE, que recoñecen empresas pola súa xestión ética e sostible

Publicado o 03/03/2020 20:48

Esta tarde entregáronse en Santiago os premios de Responsabilidade Social e Empresarial que concede anualmente a Xunta. Estes premios pretenden poñer en valor o traballo das empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade social na súa xestión, que sexa ética e sostible.

Desta volta foron premiadas as empresas galegas Tecalis, Altia Consultores, a Empresa Monforte e Congalsa.

O conselleiro de Industria destacou que a competitividade do tecido industrial galego se basea na diferenciación a través da calidade e a innovación.

Noticias web

03/03/2020