CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Entrega dos premios Emprende Gaias-Sixto Seco

Publicado o 19/10/2015 21:34






A Cidade da Cultura acolleu a entrega dos Premios Emprende Gaias-Sixto Seco. Nesta terceira edición fixeronse co galardón unha plataforma de intercambio de equipos audivisuais, unha liña de produtos infantís e unha consultoría especializada en innovación e cultura.

Queren converterse no Bla-Bla-Car do material audiovisual. Conetcam, un proxecto de tres mozos galegos que está a piques de botar a andar é un dos galardoados cos Premios Emprende Gaias de 2015. O seu lema, poñer toda a tecnoloxía audiovisual do mundo ao servizo dos creadores audiovisuais.

"ConetCam é unha plataforma P2P de intercambio de equipos, de cámaras, de luces, de drones, calquera tecnoloxía audiovisual de intercambio entre os propietarios e as persoas que necesiten usalos nun momento determinado", explica un dos tres promotores do proxecto.

No apartado de deseño premiaron a Cucuducho, unha marca galega de obxetos infantís, moi simples e que pretenden potenciar sobre todo a imaxinación e creatividade dos máis pequenos. Xa teñen tenda virtual e prepáranse para comercializar a pé de rúa.

"Temos polo tanto desde mobiliario que serve para xogar, xoguetes que adornan, adornos que fan cousas e ata lámpadas que iluminan", explica o creador da marca Cucuducho.

Na área de xestión cultural recibiu o premio Kolectiv, unha consultoria que o mesmo desenvolve webs para proxectos innovadores que impulsa a formación neste ámbito.

"Facer proxecto innovadores, proxectos culturais para facilitar ecosistemas de innovación. Diferentes iniciativas relacionadas sempre coa innovación e a cultura", di o promotor de Kolectiv.

Os galardoados recibiron un premio en metálico de 2.000 euros e poderán incorporarse de balde durante un ano ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura onde recibirán apoio, asesoramento e formación nos primeiros pasos da súa empresa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/10/2015