Entrega dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
Os galardoados cos Premios Agader recolleron os seus recoñecementos nunha cerimonia que se celebrou esta mañá en Boqueixón. Os oito proxectos premiados destacan pola súa importante achega ao desenvolvemento o rural.
O acto de entrega dos Premios Agader reuniu os representantes das oito iniciativas galardoadas pola súa especial contribución ao desenvolvemento rural. O presidente da Xunta entregou o premios a Corazón de Orballo -granxa escola musical-, á Fundación Eduardo Pondal, ao Xeoparque Courel, a SAT A Pementeira, a Gráficas Salnés, a Polyesteres Bidasoa -pola incorporación de mulleres do rural á industria-, a Amarelante -pola loita contra o abandono e a prol da mobilidade de terras agrarias- e ao programa de apoio integral familiar da Asociación Carabelo. Todos celebraron este recoñecemento. Khouloud. Asociación Carabelo: "Moitas grazas por este premio en nome de todos os nenos e nenas de Carabelo. En Carabelo non existe a desigualdade, non nos gusta. Alí todos somos iguais. Grazas por axudarnos a loitar polos nosos dereitos"
O presidente da Xunta felicitou os premiados e salientou a importancia do rural no desenvolvemento do país. Alberto Núñez Feijóo- Presidente da Xunta de Galicia: "Cos números na man e desde o punto de vista produtivo, nunca tanto leite, tanta carne, madeira, viño produciu Galicia. E a potencialidade do sector agrogandeiro en Galicia non está máis ca comenzando"
Cada unha das iniciativas premiadas recibirá 10.000 euros que deberá reinvestir no proxecto galardoado.