CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Entre un 5 e un 10% dos nenos teñen dislexia

Publicado o 01/06/2013 14:54


Entre un 5 e un 10 por cento dos nenos padece dislexia...pero moitos deles, chegan á idade adulta sen unha diagnose axeitada.
Manuel foi diagnosticado con dislexia aos 36 anos, Paula aos 6. O seu trastorno é o mesmo pero a súa evolución na escola foi moi distinta.
Ambos comparten cos seus compañeiros da Asociación galega de Dislexia as súas experiencias e os atrancos aos que se teñen que afrontar día a día.
As persoas que teñen dislexia contan cunha intelixencia normal ou superior. O único que os diferencia dos outros é a dificultade no manexo do código da lectura e da escritura.
Os expertos aseguran que o sistema educativo non ten os mecanismos adecuados para detectar este tipo de trastorno da linguaxe.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí