CRTVG

Buscar

Menos ruído e contaminación, pero sobre todo menos accidentes, obxectivos da nova regulación de tráfico

Publicado o 11/05/2021 13:15

Tomen nota os condutores, porque hoxe entran en vigor os novos límites de velocidade en vías urbanas e travesías.

Hai que circular a 20 quilómetros hora nas zonas de plataforma única en que calzada e beirarrúa están á mesma altura e peóns e coches comparten espazo.

Redúcese a 30 nas vías urbanas cun só carril en cada sentido e o límite será de 50 quilómetros por hora nas vías con dous ou máis carrís en cada dirección.

A medida pretende reducir a contaminación, o ruído, pero sobre todo a sinistralidade nas cidades. 

Noticias web

11/05/2021