CRTVG

Buscar

Entran en vigor os descontos nas autoestradas de titularidade autonómica

Publicado o 11/08/2021 08:39

Primeiro día de descontos nas autoestradas de titularidade autonómica. Dende este mércores, baixan as peaxes nas vías entre A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor. A viaxe de volta terá un desconto do 25 %, sempre que se realice no mesmo día. No caso das familias numerosas, a volta será de balde.

Tamén se bonifican as viaxes nocturnas: dende a medianoite ata as seis da mañá, custará a metade. Os descontos son acumulables pero non se aplican nin en domingos nin en festivos.

Noticias web

11/08/2021