CRTVG

Buscar

Entramos no túnel do terror dun colexio de educación especial do Porriño

Publicado o 02/11/2018 19:51

Vaia experiencia terrorífica viviron esta mañá os escolares que visitaron o túnel do terror construído polos usuarios e profesores dun centro de educación especial do Porriño.

Todo o centro de educación especial Aceesca do Porriño se implicou a fondo na construción dun túnel do terror que levan días visitando escolares de colexios lindeiros. Non falta ninguén nesta galería terrorífica.

O obxectivo da actividade é promover a educación inclusiva e o coñecemento mutuo cos seus veciños.

O centro Aceesca conta con 90 usuarios e está ubicado no polígono de Torneiros, no Porriño.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2018