CRTVG

Buscar

Entramos na UCI de COVID-19 do hospital de Ourense

Publicado o 12/04/2020 14:22

Máis dun cento de persoas, entre persoal médico, de enfermería, auxiliares e celadores, atenden os 22 pacientes ingresados na UCI de COVID-19 de Ourense

Á complexidade do traballo asistencial, ao tratarse de pacientes que requiren un seguimento moi exhaustivo, engádese o protocolo de seguridade, que esixe adoptar medidas extraordinarias.

A recompensa son as altas. O mércores deron a primeira nesta UCI.

Lourdes Bermejo, enfermeira de Medicina Intensiva do Hospital Universitario de Ourense: "Foi moi emocionante, moi emotivo para todos. É unha maneira de premiar o noso esforzo, e creo que vai ser o primeiro trofeo de moitos que nos están esperando".

Noticias web

12/04/2020