Zigzag diario
Entramos na exposición 'Muller tiñas que ser'
Publicado o 07/03/2018 17:10
Achegámonos agora a unha exposición aberta no Centro Ágora da Coruña: 'Muller tiñas que ser', unha mostra enmarcada dentro do proxecto 'Xénero e feminismos' das bibliotecas municipais da Coruña. Na inauguración participou a poeta Estíbaliz Espinosa como condutora dunha viaxe pola muller e a ciencia que rompe cos tópicos.