Entra no tren sen máscara e sen pagar e malla nun garda de seguridade
Publicado o 03/07/2020 15:18
Unha muller meteuse nun tren en Barcelona sen máscara e sen pagar. Despois quitoulle a porra ao garda de seguridade que a mandou baixar e púxose a mallar nel. Lonxe de quedar aí a cousa, ninguén axudou o garda. Ao contrario, varias persoas bérranlle para deixe a muller. De feito, malia o que se ve no vídeo, finalmente ela denunciou o garda por agresión. El denunciouna tamén a ela.