CRTVG

Buscar

A partir de hoxe, os vehículos VTC están obrigados a levar unha dobre identificación

Publicado o 22/05/2019 11:31

Entrevista con Xosé Antón Brea, propietario dunha empresa VTC.

Os vehículos de alugueiro con condutor, os VTC, autorizados en Galicia, deberán estar identificados dende xa cun autoadhesivo tanto no parabrisas dianteiro como no cristal traseiro.

Neste distintivo ten que figurar a numeración e o ano en que o titular debe facer a renovación do permiso habilitante.

O fin é velar pola calidade do servizo para os usuarios e evitar prácticas fraudulentas e competencia desleal entre o taxi e os VTC.

Deste xeito, está tamén garantida a seguridade xurídica de ambos os dous sectores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019