CRTVG

Buscar

O Sergas xa pode facer test de antíxenos nos tres aeroportos galegos.

Publicado o 29/03/2021 15:35

En Galicia, os test anticovid que empezou a facer o Sergas entre os viaxeiros do aeroporto da Coruña esténdense, desde hoxe, tamén aos pasaxeiros que cheguen aos aeroportos de Vigo e de Santiago. 

Mediante un convenio entre a Xunta e Aena, así será. Ata o de agora xa viñan facendo os test de antíxenos no aeroporto da Coruña, pero a partir de agora xa estarán operativos nos tres aeroportos de Galicia.

Con esta medida, que será totalmente voluntaria, preténdese facer un cribado dos pasaxeiros que chegan vía aérea a Galicia, para detectar casos asintomáticos. Tamén está previsto que se comecen a facer probas deste tipo, test de antíxenos, nas estacións do Adif.

 

Noticias web

29/03/2021