CRTVG

Buscar

Entra en vigor a restrición de voos entre España co Brasil e Suráfrica

Publicado o 03/02/2021 17:03

Con esta medida o que se pretende é frear a chegada a España das variacións do virus rexistradas no Brasil e Suráfrica, unhas variacións que viaxan e se transmiten moi rápido.

Dende hoxe só estarán permitidos os voos con cidadáns españois e andorranos e residentes nos dous países. Tamén pasaxeiros en tránsito dun país que non forme parte do espazo Schengen e que a escala sexa inferior a 24 horas. Por suposto non poderán saír da zona de tránsito do aeroporto.


 

Noticias web

03/02/2021