Entra en prisión un veciño de Maceda por provocar media ducia de incendios en 2017
Publicado o 31/07/2019 11:34
Ingresa en prisión un veciño de Maceda condenado por provocar media ducia de incendios en 2017.
Foron os veciños os que alertaron as forzas de seguridade.
A colaboración cidadá premitiu que a Policía Autonómica o sorprendera cando ía prender un destes incendios. Todo comezaban de madrugada e preto das vivendas. Diante do xuíz adminitiu a autoría e aceptou dous anos de prisión e dous máis de liberdade vixiada. Segundo a súa defensa, o home ten trastornos psicolóxicos motivados pola adición ao alcol.