CRTVG

Buscar

Entra en prisión o home que supostamente matou a nai e plantou lume no piso en Oroso

Publicado o 13/07/2021 13:35

O pasado día catro de xuño as lapas calcinaron o piso en que vivían o suposto autor do incendio e a súa nai, duns sesenta anos de idade.

Os equipos de urxencias desprazáronse á vivenda, situada na localidade de Sigüeiro, preto de Santiago, e alí atoparon o cadáver da muller e o seu fillo, que estaba inconsciente e con queimaduras e tivo que ingresar no Hospital Clínico de Santiago para recibir asistencia médica.

Segundo os resultados da autopsia, a nai faleceu por asfixia antes do incendio. Supostamente, o fillo foi o autor do crime. Despois, botou combustible na vivenda e prendeu lume. Cando declarou nos xulgados, admitiu os feitos. O home, de 39 anos, ingresou en prisión preventiva.

O suceso ocorreu o mesmo día en que ían desafiuzalos. Ao parececer, a muller tiña diñeiro suficiente para facerlle fronte á hipoteca, pero, por razóns de saúde, non estaba capacitada para xestionar as súas contas. O fillo tampouco foi quen de asumir esa responsabilidade e acabou ditándose a orde de desafiuzamento por impago desde o ano 2012.

Noticias web

13/07/2021