Enterran a muller que apareceu morta tras 13 días deaparecida en Foz
Publicado o 18/10/2021 11:40

Na tarde deste luns será enterrada en Fazouro, no concello de Foz, a muller que levaba 13 días desaparecida e que localizaron sen vida o sábado. Maruja tiña alzhéimer. O seu corpo foi encontrado por un veciño nunha zona de monte a uns dous quilómetros da súa casa. Durante 13 días buscaron sen descanso a muller. O dispositivo mesmo se estendía ás parroquias lindeiras.