Ensino Lugo e Baxi Ferrol volven aos adestramentos coa mente posta na competición
Tamara Abalde volveu dos xogos para liderar o proxecto do Ensino: "Europa é un reto bonito e ilusionante"
Volta aos adestramentos dos equipos galegos de baloncesto feminino. O Durán Maquinaria Ensino Lugo estará en Europa. Moita ilusión e altas expectativas nesta temporada.
"Imos competir todo, non nos imos conformar só con manternos na liga ou con xogar a Copa da Raíña", comentou Laura Aliaga do conxunto lucense.
Confían no equipo e nas novas fichaxes: "Ola, rapazas, son Alexandra Orsili e xogo de base".
Quenda tamén para o Baxi Ferrol. Volve á máxima categoría do baloncesto feminino español. Conta con cinco novas incorporacións.
Alicia Villegas: "O primeiro obxectivo é conseguir a permanencia e a partir diso todo o que veña, mellor que mellor".
Un mes para que comece a liga. Tocará agardar ata decembro para ver en Ferrol o primeiro derbi.