CRTVG

Buscar

Enrique Mallón: "A actividade metalúrxica está no 75%, pero hai escaseza de materias primas"

Publicado o 25/03/2020 10:38

O sector da automoción en Vigo non aguanta. A parada de PSA arrastra todas as auxiliares. O naval resite, pero a autoción sitúase en arredor do 30%.

Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industrais Metalúrxicos (ASIME), analiza esta situación.

"Poñemos á disposición dos traballadores todos os EPI, os equipos de seguridade. Tamén estamos espaciando as quendas de traballo para diminuír a presenza física dos traballadores e implantando protocolos de desinfección nas pezas".

"A actividade no sector metalúrxica está arredor do 75%, pero si é certo que nos últimos días se está vendo como escasean as materias primas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020