CRTVG

Buscar

Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego: "Queremos coñecer os novos proxectos de renovación aeronáutica"

Publicado o 27/06/2019 11:31

O Consorcio Aeronáutico Galego celebra a terceira edición do congreso aeronáutico e espacial (CIAG) na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Máis de 200 representantes do sector participarán nos relatorios e debates deste congreso que por vez primeira se celebra fóra de Vigo. Entre eles están directivos de empresas líderes do sector a nivel mundial, como Boeing, ou europeo, como Indra ou Aciturri.

Os organizadores esperan que sirva de impulso ao sector aeonaútico galego, que agrupa máis de 40 empresas e 1.200 traballadores, cunha facturación anual de 130 millóns de euros.

Falamos con Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego: "É unha sorte para Galicia que poidamos ter grandes provedores da industria aeronáutica", explica.

"O crecemento da industria aeronáutica a nivel internacional incrementou o tráfico aéreo de xeito continuado nos últimos dez anos o 8% practicamente por ano", engade Mallón.

E explica o que se pretende facer con este tipo de foros e congresos: "O que queremos facer desde o Consorcio Aeronáutico Galego é que este tipo de foros e congresos nos permitan coñecer os novos proxectos de renovación e de construcción aeronáutica". "Temos xa catro provedores de primeiro nivel galego e estamos con trinta provedores de terceiro ou cuarto nivel", explica para subliñar a importancia que está collendo o sector na nosa comunidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019