Enquisa do CIS de Xullo: o PSOE amplía a distancia co PP ata os cinco puntos
Publicado o 21/07/2021 14:27

Enquisa do CIS do mes de xullo. O PSOE segue á cabeza en intención de voto e aumenta a distancia co PP ata os cinco puntos. Os socialistas obterían o 28,6 % dos votos e os populares o 23,4 %.
A enquisa recolle tamén unha suba de Vox, que quedaría co 13,6 % dos apoios. E en cambio baixan Unidas Podemos, case dous puntos, quedan no 10,6 %. E Ciudadanos perde unhas décimas, ata o 5,5 % de estimación de voto.
O BNG mellora a súa intención de voto ata o 0,8 %.
Esta é a primeira sondaxe do CIS tras os indultos do procés e cando xa se coñecían os cambios no Goberno. Tamén revela que a crise económica volve encabezar as preocupacións dos españois, por diante do paro e da pandemia.