CRTVG

Buscar

Enmanuel Reyes tomba nun K.O. a Vassiliy Levit e xa está nos cuartos de final

Publicado o 27/07/2021 12:34
Enmanuel Reyes tomba nun K.O. a Vassiliy Levit e xa está nos cuartos de final

COE

O púxil asentado na Coruña Enmanuel Reyes vai en serio, quere volver de Tokyo cun metal. Hoxe gañou por K.O. no segundo asalto ao kazhakho Vassiliy Levit, subcampión olímpico no 2016.

Con esta vitoria, Reyes xa está nos cuartos de final, un paso máis preto da loita polas medallas. 

Curiosamente o seu rival na seguinte rolda será o cubano Julio La Cruz, que venceu ao kenyata Ochola. O combate será este venres preto das 13:00 horas.

Noticias web

27/07/2021