Enmanuel Reyes, o boxeador olímpico que cambiou A Habana por Riazor
Publicado o 07/06/2021 12:05
Enmanuel Reyes acadou a clasificación para os Xogos Olímpicos no preolímpico de París logo de conseguir as dúas vitorias que precisaba. Foi un longo treito desde que veu vivir á Coruña, no ano 2019, cando deixou Cuba por falta de oportunidades na súa selección.
Reyes vive na Coruña xunto o seu pai, o seu fillo, seus irmáns e o seu tío, o primeiro da súa familia en vir a Galicia.
"Isto é o mellor do mellor", asegura o boxeador, que afirma que vai sacar a bandeira galega cando lle den a medalla olímpica en Toquio.