CRTVG

Buscar

Enganan tres asturianos para venderlles un coche en Gustei (Coles) e róubanlles 26.000 euros

Publicado o 09/12/2019 13:44

As vítimas do violento asalto foron tres asturianos. Viñeron de pé feito a Gustei para mercar un coche de segunda man que apalabraran previamente, cando chegaron ao punto acordado agardábanos tres homes armados que presuntamente os apuntaron con candasúa pistola e golpeáronos para roubarlles os 26.000 que traían para pagar o coche. Fuxiron nun vehículo que abandonaron nunha aldea próxima.

No concello ourensán de Coles hoxe espertaban sorprendidos coa noticia. Unha das vítimas do asalto, un home de 35 anos, tivo que ser atendido por unha ferida na cabeza supostamente provocada pola culata dunha das pistolas. Xa denunciaron os feitos na Garda Civil, que busca, ademais dos atracadores, a persoa coa que negociaron a compra do coche ante a sospeita de que estean realacionados.

Hai un mes aconteceu un atraco moi semellante en Monforte. Daquela as persoas interesadas en mercar un coche viñeran dende Andalucía e tamén foran agredidas e roubadas. En setembro, feitos semellantes déronse en Sarria. Investigan se están relacionados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019