CRTVG

Buscar

Xulgan en Santiago un suposto pederasta para o que a Fiscalía pide 130 anos de cárcere

Publicado o 28/09/2020 11:12

A porta pechada para salvagardar os dereitos das vítimas. Así comeza este luns en Santiago o xuízo contra o veciño de Padrón acusado de gravar e difundir vídeos sexuais de menores.

Segundo o escrito da Fiscalía, entre os anos 2013 e 2016 o procesado almacenou no seu ordenador máis de 850 horas de vídeo que contiñan imaxes e gravacións de menores con comportamentos de carácter sexual. Tamén facilitou a terceiros uns 3.500 arquivos de material pedófilo, onde se visionaba menores de 16 anos sendo vítimas de violencia sexual.

O acusado, en prisión preventiva por estes feitos desde 2016, contactaba cos menores a través das redes sociais. Facíao directamente, simulando ser unha menor ou utilizando pseudónimos.

Primeiro gañaba a súa confianza e logo inducíaos a manter comportamentos sexuais fronte a cámara web do ordenador. Os menores accedían ás súas solicitudes, nalgunhas ocasións, porque os ameazaba con contarlles aos pais o que estaban a facer.

Como consecuencia destes feitos, a maioría das vítimas sofren inestabilidade emocional e cadros depresivos ou de ansiedade.
Por estes delitos, a Fiscalía pide un total de 130 anos de cárcere e unha indemnización de 6.000 euros para cada unha das vítimas.
 .

Noticias web

28/09/2020