Enfrontamentos entre radicais e simpatizantes de Cidadáns en Vic
Publicado o 19/01/2019 20:37
Un grupo de radicias, convocados a través das redes sociais, obrigaron a esta maña a desmontar unha carpa de información que instalaran os de Cidadáns en Vic.
Os manifestantes apuparon e insultaron os simpatizantes da formación política, aos que lles berraban que marchasen de Cataluña.
Xerouse unha situación de tal violencia que mesmo houbo empurróns entre os radicais e os membros de Cidadáns, o que motivou a intervención policial.