CRTVG

Buscar

Enfrontamentos en Bolivia con cinco mortos e 22 feridos

Publicado o 16/11/2019 14:21

Polo menos cinco persoas resultaron mortas e outras 22 feridas nos disturbios cerca de Cochabamba, en Bolivia, na xornada máis dura desde que empezaron as protestas. Segundo o representante da localidade na Defensoría do Pobo de Bolivia, as forzas de policías e militares levaron a cabo "unha acción desproporcionada" ante a manifestación.
Pola súa parte, fontes militares aseguran que os manifestantes utilizan "dinamita e armamento letal" como munición de fusís mauser que utilizan os "cocaleiros".
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019