CRTVG

Buscar

Enfrontamento aberto entre os candidatos a presidir o PSdeG de Lugo

Publicado o 11/07/2019 16:24

Os candidatos á secretaria provincial do PSOE en Lugo presentaron os avais necesarios para o proceso. PatriciaOtero reuniu unhas 400 sinaturas fronte ás 200 de José María Arias. A decisión final terana os militantes o vindeiro día 20 e entretanto os candidatos repróchanse xogo sucio. Arias di que Patricia é unha canditata "teledirixida" por Gonzalo Caballero ou dende a xestora, e esta considera que quere desprestixiala e cualifica este actitude de machista.

Foron precisamente as discrepancias entre os membros do partido as que provocaron a convocatoria de novas primarias logo da dimisión de Álvaro Santos. Agora todo apunta a que ningún dos dous candidatos integrará a executiva do vencedor, dado que ambos manifestan representar proxectos moi distintos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019